O Exército do Aire desprega as súas ás en defensa de Santiago

Susana Luaña Louzao
Susana Luaña SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Paco Rodríguez

O aeródromo militar de Lavacolla serve de base dun simulacro de ataque como ensaio de coordinación entre as unidades de Mar, Terra e Aire

26 jun 2019 . Actualizado ás 23:48 h.

O Aeródromo Militar de Santiago serve de base esta semana das unidades do Exército do Aire despregadas con motivo do exercicio Eagle Eye 19-02, unha simulación dun ataque aéreo como proba de coordinación dos Exércitos de Terra, Aire e Mar que despregou en Santiago a sesenta membros da Á 11 con catro avións de caza de combate EuroFighter e dous F-18, pero que en toda Galicia mobilizou a uns seiscentos operativos, con unidades da Marina e de Terra en Ferrol. O Exército realiza tres veces ao ano exercicios deste tipo nos que se simula un ataque aéreo a unha base que pode estar en Compostela ou en calquera lugar do mundo.

Á exhibición asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que puido coñecer de primeira man o dispositivo despregado e que escoitou de boca do xefe do Mando Aéreo de Combate do Exército do Aire, César Miguel Simón, e outras autoridades militares presentes en Santiago, un exercicio que se desenvolve no marco das operacións permanentes das Forzas Armadas «os 365 días do ano, as 24 horas do día».