Detido un santiagués tras entrar en garaxes de Bertamiráns para roubar en catorce coches

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Os delitos foron pepetrados na madrugada do pasado 20 de maio

07 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A área de investigación do posto principal da Garda Civil no Milladoiro esclareceu os catorce roubos en coches que se produciron na madrugada do pasado 20 de maio en varios garaxes das rúas Xesteira, Agrelo, Pesqueiras e da praza Chavián, todas elas de Bertamiráns. Por estes feitos, os axentes detiveron a un veciño de Santiago que é moi coñecido en ámbitos policiais pola comisión de numerosos delitos similares.

O arrestado procedeu aquela madrugada de xeito moi similar en todos os casos. Entrou en todos os garaxes forzando a porta de acceso e unha vez alí procedeu a abrir os vehículos que considerou que podían conter obxectos de valor no seu interior. Obtivo un botín consistente en varios xogos de chaves e mandos de garaxe, 413 euros en metálico, un computador portátil e unhas lentes de sol valoradas en cen euros. O detido xa foi posto a disposición dun xulgado compostelán.