Simons, con problemas no nocello

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

O técnico deberá agardar 24 horas para ver se pode contar co xogador

25 abr 2019 . Actualizado ás 14:06 h.

Ben Simons torceuse o nocello na última acción do adestramento do mércores. Por iso, os médicos do club recomendaron repouso e o xogador non se exercitou na sesión desta mañá. Agora, Moncho Fernández está pendente da súa evolución e deberá agardar polo menos vinte e catro horas para ver o alcance da lesión. O de Pontepedriña confía en que poida participar na última sesión da semana. O adestrador agarda que Simons estea en condicións para o enfrontamento desta fin de semana ante o Gipuzkoa.

Simons volveu asinar un bo expediente no último encontro dos obradoiristas, que perderon na prórroga en Sar fronte ao Fuenlabrada (101-104). Foi un dos máximos anotadores do seu equipo, con 15 puntos (Obst logrou 17), con 5 triplos de 9 intentos, en 27 minutos e medio de partido. O Obra xogará un partido de máxima esixencia este sábado (20.30 horas) na pista do pechacancelas Gipuzkoa. Os vascos poderían saír do descenso, despois de moitas semanas no pozo, se conseguen superar a un Obradoiro que tamén necesita o triunfo para achegarse ao obxectivo da permanencia.