O PP relega por un día o 26M para pedir o voto para Casado

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Marta González repartiu propaganda con Agustín Hernández

18 abr 2019 . Actualizado ás 19:47 h.

A campaña das xerais pasou por Santiago coa visita da candidata número uno do PP ao Congreso pola provincia da Coruña. A compostelá Marta González deixouse ver pola Alameda, onde repartiu propaganda electoral con Agustín Hernández, e despregou o argumentario dos populares en relación aos asuntos de actualidade da campaña, centrada estes días nos vaivéns dos debates en televisión entre os candidatos á presidencia do Goberno. A preguntas dos xornalistas, González aproveitou para recriminar a Pedro Sánchez que estea «escondido» e «intentando que pase a campaña electoral sen debater».

Pero a vicesecretaria xeral de Comunicación do PP tamén atizó a Cidadáns, formación sobre a que asegurou que «non coñece Galicia». «Nas 155 páxinas do seu programa electoral non aparece nin unha soa vez a palabra Galicia», sinalou, segundo recolle Efe. Marta González defendeu por contra que o PP está a realizar «unha gran campaña» na comunidade galega, onde considera que os populares están atopando «moitísima receptividade» ás súas mensaxes. Nese sentido, González quixo resaltar, ademais, que o presidente do partido en Galicia e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, está «moi envorcado, con catro e cinco mitins practicamente todos os días».