García repetirá como candidato socialista á alcaldía de Brión

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

Nos cinco primeiros postos da lista hai dúas persoas que se estrean na política local

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

José Luis García repetirá como candidato á alcaldía de Brión polo PSOE cunha lista con con oito incorporacións e representantes de todas as parroquias. Nos cinco primeiros postos hai dúas persoas que se estrean na política local: Pablo Lago, número dous, e Carlos Noya, número catro. García presentará a lista coa que aspira á reelección o próximo 26 de maio.