Cita para os coleccionistas de discos e filmes en Área Central

La Voz

SANTIAGO

Álvaro Ballesteros

Celebrarase do 26 ao 28 de abril

19 abr 2019 . Actualizado ás 04:55 h.

Do 26 ao 28 de abril • Área Central • O centro comercial Área Central acollerá a próxima semana, do 26 ao 28 de abril, unha nova edición da Feira do Coleccionismo Discográfico e Cinematográfico. Un punto de encontro para os afeccionados para poder acceder a miles de discos de vinilo, cedés, deuvedés e cintas VHS, entre outros. Trátase dun material difícil de atopar noutros puntos de venda. Ademais, a feira contará con outros produtos como carteis, camisetas, fotografías... O público tamén poderá levar o seu material para cambialo ou vendelo nos postos.

Durante os tres días, Área Central programará actividades complementarias como actuacións e talleres vinculados á música e ao cine.