Hemeroteca | 1999 | Pais e estudantes de Bertamiráns cortan un viario ao pechar o comedor do centro Bispo Guerra Campos

La Voz

SANTIAGO

CHEDA

Interromperon durante preto dunha hora o viario a Noia en protesta polo traslado de estudantes a Barouta a metade de curso

16 abr 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

O peche do comedor escolar e o traslado de case un centenar de estudantes a Barouta a metade de curso puña en pé de guerra ao AMPA do colexio de infantil e primaria Bispo Guerra Campos, de Bertamiráns, hai dúas décadas. Estudantes e pais protagonizaron unha manifestación de protesta que discorreu pola estrada de Noia e rematou ante a casa consistorial. Desta forma, o tráfico do viario estivo interrompido durante preto dunha hora.

Un portavoz do máis de centenar de manifestantes acusaba a Educación de deixar o centro sen espazos educativos básicos, como laboratorio ou tutorías, para reconvertelos en aulas. Ademais, pais e estudantes queixábanse da masificación do centro e a falta dun patio cuberto, que se unía ao peche do comedor escolar a metade de curso, coincidindo co traslado de alumnado a outro centro.