Hemeroteca | 1996 | Alagado por primeira vez o paseo fluvial de Bertamiráns

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O temporal deixou numerosas incidencias en toda a zona, xa que fora o día máis chuvioso ata o momento do ano

23 mares 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

O temporal afogaba hai 13 anos Santiago. Por primeira vez desde a construción do paseo fluvial, o río Sar desbordábase ao seu paso por Bertamiráns. A situación causou preocupación aos veciños. Pero non foi a única zona da área compostelá que se viu afectada, xa que durante a xornada resultaron alagadas varias leiras, pistas e mesmo baixos comerciais. Vivíase o día máis chuvioso no que ía de ano, xa que se recolleron máis de 50 litros por metro cadrado. O vento tamén causou danos.