A Cidade do Futsal prepárase para acoller a súa edición máis concorrida

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Os partidos disputaranse en tres pistas no Gaiás

21 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O sábado e o domingo da semana próxima, 30 e 31 de marzo, celebrarase a sexta edición da Cidade do Futsal, organizada polo Santiago Futsal co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Fundación Cidade da Cultura e o Concello. Ao longo das dúas xornadas sucederanse os partidos nas tres pistas que se habilitarán no Gaiás. Agárdase a edición máis concorrida, con ao redor de catrocentos participantes, das idades máis temperás ata a categoría alevín. Esa fin de semana non haberá competicións de base en Galicia nesta modalidade deportiva. E quen asistan ao evento terán a oportunidade de ver a exposición sobre a historia do fútbol galego que está aberta ao público.

O presidente do Santiago Futsal, Ramón García, subliñou que está todo preparado e só pediu que acompañe a meteoroloxía.

A inscrición é gratuíta e pode tramitarse nas oficinas do club ou a través do correo electrónico administracion\santiagofutsal.com. Aínda quedan algunhas prazas. No acto de presentación do campionato, o presidente estivo acompañado por Ana Tejeiro, de Viaqua; Ana Isabel Vázquez, da Fundación Cidade da Cultura; e Noa Morales , concelleira de Deportes.