O filial do Obradoiro dá un gran paso na loita polo ascenso á EBA

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

ANA GARCIA

Avantaxa en tres vitorias aos seus perseguidores

20 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O filial do Obradoiro, que xoga os seus partidos como local en Silleda, arrincou a tempada cun claro obxectivo: buscar o ascenso á Liga EBA, na que militou o pasado curso. E esa pretensión está moi encarrilada, despois de gañar na penúltima xornada da primeira volta ao Campus Ourense a domicilio: 62-69.

O filial lidera a segunda fase da competición, con pleno de vitorias: nove de nove. A continuación, con seis triunfos, sitúanse o Campus Ourense e o Castelo de San Felipe . Restan só cinco xornadas (contan os resultados da primeira). E o primeiro clasificado ascende directamente.

No choque ante os ourensáns, o conxunto santiagués levou sempre a dianteira no marcador pero sufriu para conservar as súas rendas ante un rival que sacou moito proveito do tiro de longa distancia. Eggertsson (18) e Brais Losada (13) foron os máximos anotadores.