O Compos non sabe gañar

LA VOZ SANTIAGO

DEPORTES

ALBERTO LÓPEZ

Volveu empatar en campo alleo, a pesar de contar con boas ocasións para sumar os tres puntos

20 ene 2019 . Actualizado ás 16:44 h.

O Compos volveu empatar en campo alleo: 1-1. Unha vez máis, o conxunto branquiazul foi incapaz de regresar a casa cos tres puntos. Dun nun non é posible dar caza a Racing de Ferrol e Bergantiños.

O once de Yago Iglesias adiantouse no marcador iniciada a segunda parte. Marcou Santi Gegunde, pero a alegría durou moi pouco, pois o filial lucense igualou a contenda no minuto 79 por medio de Antón.

O Compos foi mellor e gozou das ocasións máis claras, pero os da capital galega seguen sen acertar co portal contrario. O meta Cacharrón abortou varias accións claras de gol e ao final o Compos volveu a casa con moi pouco premio.

FICHA TÉCNICA

(1) Polvoreira Lugo B: Cacharrón, Varo, Pedro, Matías, Pablo Rey , Luis, Juan (Morais, min 65); Manu, Álex Rey , Marcos (Porrúa, min .75) e Antón (Asier, min 88).

(1) Compos: Lorenzo, Saro, Piscu, David Uña, Naveira, Samu (Álex Ares, min 73), Mon, Miki (Josiño, min 90), Santi Gegunde, Brais Abelenda e Aythami (Rubén, min 66).

Goles:

0-1, min 60: Santi Gegunde.

1-1, minn 79: Antón.

Árbitro: García Lesta (Pontevedra). Amoestou a Varo e Manu, pola Polvoreira; e a Samu, Aythami, Piscu, Mon e David Uña, polo Compostela

Incidencias: Partido da xornada 20 do grupo primeiro de Terceira División, disputado no campo da Cheda ante 500 afeccionados.