Expoñen un aparcadoiro en Juan Carlos I con 350 prazas

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Fai dezanove anos, o Concello dispuña do estudo de viabilidade, que recollía que a infraestrutura non afectaría o subsolo da Alameda

19 ene 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

O goberno local compostelán recibía hai 19 anos o informe de viabilidade para a construción dun aparcadoiro subterráneo na avenida de Juan Carlos I. Nel recollíase que tería ao redor de 350 prazas distribuídas en catro plantas. Tamén detallaba que a infraestrutura non afectaría o subsolo da Alameda, unha das cuestións que xeraba unha maior preocupación. O aparcadoiro, que tamén era unha demanda de comerciantes e hostaleiros do Ensanche, nunca chegou a executarse.