Banda sonora para Castelao

La Voz

SANTIAGO

Xoán A. Soler

A Filharmonía realizou un percorrido musical polos lugares nos que o intelectual estivo exiliado e emigrou

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Preto de catrocentas persoas -esgotar as entradas- asistiron ao concerto da Real Filharmonía no Museo Gaiás no que fixo un repaso musical polos países nos que o intelectual galeguista estivo exiliado e emigrado. Trátase dunha actuación co gallo de a exposición en torno ao cadro A derradeira leción do mestre, que recibiu máis de 25.000 visitas.