Teatro con Proxecto Pank, concerto no Modus e visitas á cámara escura da Casa do Cabido


visitas guiadas

Casa do Cabido

11.30, 12.15 e 13 horas • Casa do Cabido • Gratuíto • Xornada de portas abertas para coñecer a cámara escura da Casa do Cabido, en Praterías. Un fotógrafo encárgase das visitas guiadas, que achegan aos asistentes ao principio da fotografía. As salas convértense nunha cámara escura, polo que os visitantes experimentan a sensación de estar dentro dunha cámara fotográfica.

teatro

Proxecto Pank

18.00 horas • Salón Teatro • 5 euros • Representación teatral «Iso que vin», de proxecto Pank e Funboa Escénica, coa interpretación a cargo de Manuel Parra García.

Concerto

Residencias musicais

20.30 horas • Modus Vivendi • Entrada libre • No ciclo «Circum» de residencias musicais, o pub da praza Feixó ofrece o concerto de Coralie Yap-Chine e Mauricio Caruso.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Teatro con Proxecto Pank, concerto no Modus e visitas á cámara escura da Casa do Cabido