O persoal administrativo de primaria négase a facer triajes

A Asociación de Persoal de Servizos Xerais di que o colectivo que representa non está capacitado para iso


Os grupos de traballo que estudan propostas para mellorar a atención primaria en Galicia viron con bos ollos a posibilidade de facer un triaje a aqueles usuarios que chegan aos ambulatorios sen cita programada, para non saturar as consultas e determinar cales destes pacientes realmente teñen que ser atendidos nese momento e por que profesional. Persoal médico e de enfermería incluíu esta medida entre a súa batería de propostas, e tamén os integrantes do grupo de persoal administrativo mostráronse partidarios de facer eles mesmos o triaje nos casos nos que non sexa preciso un diagnóstico clínico, xa que eles non son sanitarios.

Con todo, informa Europa Press, a Asociación de Persoal de Servizos Xerais di que o colectivo que representa non está capacitado para iso e asegura que a Administración sanitaria atribuíu aos integrantes destas mesas de traballo unha representatividade que non teñen.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
5 votos
Comentarios

O persoal administrativo de primaria négase a facer triajes