Faleceu José Antonio Trasfogueiro, profesor de lingua española na FP de Santiago


santiago / a voz

Antonte faleceu aos 70 anos José Antonio Trasfogueiro Pérez, docente en centros de FP de Santiago. Primeiro no Compostela; e desde 1991 ata a súa xubilación, no curso 2012-2013, no IES As Fontiñas. Formado na escola de Maxisterio de Lugo, foi docente de Lingua Española e recórdaselle como amante do teatro e da literatura, un apaixonado da palabra e un gran conversador e comunicador, comprometido co ensino público. Nos seus 40 anos de profesión tamén desempeñou tarefas de orientación. Ultimamente víaselle en boa forma e con actividade social na cidade, polo que a súa óbito causou forte impacto. O seu funeral é ás 16.30 de hoxe na Pobra do Brollón.

Newsletter Educación

Recibe todas as semanas a información máis relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

Faleceu José Antonio Trasfogueiro, profesor de lingua española na FP de Santiago