Inversa Teatro representa «Sofía e as postsocráticas»

La Voz

SANTIAGO

A compañia estará seis días no Salón Teatro

12 dic 2018 . Actualizado ás 04:50 h.

Ata o • domingo Pases matinais ás 11.30 horas, excepto hoxe (11.00) e pola tarde, de mañá ao sábado, ás 20.30, e o domingo ás 18.00 • Salón Teatro • Entrada, 6 € • A compaña Inversa Teatro comezou onte unha estancia de seis días no Salón Teatro para ofrecer ata o domingo oito funciones do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas dos malos tratos. A obra, estreada en Vigo o pasado día 5, é orixinal de Marta Pérez, que a dirixe e interprétaa xunto a María Vermella e Silvia Penas. Esta montaxe ten o apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través das subvencións á produción escénica e preséntase na sede do CDG no marco do programa de residencias artísticas.