O Compos necesita recuperar a súa mellor versión en San Lázaro

LA VOZ SANTIAGO

DEPORTES

XOAN A. ADOITAR

A domicilio empatou catro dos seus últimos cinco encontros

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Compostela recibirá ao Ribadumia en San Lázaro, o domingo a partir das cinco da tarde. O colectivo que prepara Yago Iglesias intentará reducir as diferenzas na clasificación cos dous primeiros clasificados, Bergantiños e Racing de Ferrol, que lograron a vitoria a domicilio no último compromiso ligueiro, no que o once branquiazul non puido pasar do empate no feudo do Vilalbés.

Nesta xornada 17, Bergantiños e Racing de Ferrol tamén xogarán como locais, recibindo a Céltiga (penúltimo clasificado) e Laracha (oitavo clasificado), respectivamente. O Barco, tamén por amais do Compos, cun punto máis, vén de perder en casa ante o Bergantiños e volverá xogar esta fin de semana como local ante o Boiro de Changui (no posto trece).

O colectivo branquiazul quere recuperar en casa o seu bo ton, pois asinou catro empates nos seus últimos cinco desprazamentos, o que lle está impedindo achegarse ao equipo rojillo de Carballo. Venceu no feudo do Porriño, pero logo igualou con Racing de Ferrol, Boiro, Arenteiro e Racing Vilalbés.

Despois de caer en casa ante Arousa e Bergantiños de forma consecutiva, o Compos leva nove xornadas sen coñecer a derrota. Os seus últimos catro partidos en San Lázaro saldáronse con tres triunfos consecutivos e un empate. Ante a súa inchada, o colectivo de Yago Iglesias quere recuperar o seu mellor nivel e volver saborear a vitoria.