O empate do UD Ourense mantén ao Compos en postos de promoción

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

David Uña será baixa ante o Ribadumia

09 dic 2018 . Actualizado ás 20:39 h.

Tras empatar o xoves fronte ao Racing Vilalbés, o Compos víase por vez primeira esta tempada ante a posibilidade de caer fóra dos catro primeiros postos, os que clasifican para disputar a promoción de ascenso. Sucedería así no caso de que o Racing de Ferrol vencese en Carballiño ao Arenteiro e o UD Ourense en Redondela ao Choco.

O Racing de Ferrol empezou o curso con algunhas dúbidas, pero atopou velocidade de crucera. Gañou 0-4 e encadea nove xornadas sen perder, cun balance de sete vitorias e dous empates que lle vale para levantarse ata a segunda posición con 34 puntos, a catro dun Bergantiños que segue firme e que se impuxo no Barco, agora terceiro con 33. O UD Ourense empatou a dous goles e é quinto, con 31 puntos, un menos que o Compos.

O primeiro persoal azul e branca puido gozar dunha fin de semana libre antes de pór o punto de mira no encontro do domingo en casa ante o Ribadumia. Yago Iglesias non poderá contar con David Uña, expulsado en Vilalba. E está pendente da evolución doutro dos centrais, Álvaro Casas, que foi baixa por problemas musculares.