Amador Pena e Esther Rodríguez gañan no Barrio de San Pedro

SANTIAGO

Nuno Costa e Esther Rodríguez imponse na clasificación xeral

01 dic 2018 . Actualizado ás 20:07 h.

A Carreira Cruceiro de San Pedro, que era a gran novidade no calendario desta tempada, pechou a sétima edición do CorreSan. E Amador Pena e Esther Rodríguez foron os primeiros en inscribir o seu nome como gañadores na proba. A pesar do tempo chuvioso, que se converteu nunha dificultade engadida para o equilibrio dos deportistas nos tramos empedrados, non se rexistraron maiores incidencias.

Amador Pena, un habitual do CorreSan, cruzou a meta cun tempo de 15:43 e impúxose nun apertado e bonito esprint a Nuno Costa, que empregou o mesmo tempo,e a Juan Pablo Fernández, que precisou un segundo máis.

Esther Rodríguez foi a primeira no cadro feminino, quincuaxésima na xeral, cun tempo de 18:22. Segunda foi Mónica Álvarez (18:47) e terceira Johana Torres (20:34).

Na clasificación xeral final do CorreSan, Nuno Costa é o vencedor no cadro masculino e Esther Rodríguez no feminino.