O PP expón nun novo díptico as carencias de San Lourenzo e Carme de Abaixo

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Poñen o acento en varias casas abandonadas con risco de desprendemento

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo municipal do PP denunciou onte as carencias que arrastran as zonas de San Lourenzo e Carme de Abaixo, entre elas o estado de varias casas abandonadas, «con risco de desprendemento ou caída de elementos», ou de ser «ocupadas de maneira irregular ou ilegal». Esa é unha das cuestións que expón no novo díptico que editou sobre a situación dos barrios da cidade.

Segundo a formación que lidera Agustín Hernández, o goberno de Noriega púxose «de » costasás reclamacións dos residentes, que van desde cuestións de seguridade viaria, control urbanístico e melloras ambientais e de convivencia. E reclama atención para a carballeira. Para os populares, esta zona «sofre moitas carencias de servizos», sobre todo en cuestión de mobilidade pola presenza de dous centros educativos e a súa proximidade ao campus universitario.