Premio de cine ao IES de Cacheiras

La Voz

SANTIAGO

cedida

Un curto realizado dentro do proxecto pedagóxico do centro triunfou no festival de cine de Zaragoza

19 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha obra cinematográfica do proxecto pedagóxico Aturuxo Films do IES de Cacheiras logrou o premio á obra máis innovadora no Festival Internacional de Cine de Zaragoza dentro da súa sección educativa. O meu mellor inimigo é un curto de Marcela Taracido e Ana Veiga que reflexiona sobre os medos que condicionan o comportamento.