O último de Claire Denis e Zhang-Ke, en Cineuropa

La Voz

SANTIAGO

15 novs 2018 . Actualizado ás 04:55 h.

A carteleira de Cineuropa inclúe hoxe máis de vinte películas. Destacan o novo de Claire Denis, High life (20.00 horas, Teatro Principal) e do chinés Jia Zhang-Ken, Ash is purest white (22.15 horas, Principal). Outro dos títulos a ter en conta é Pity, unha comedia negra do grego Babis Markridis (20.00 horas, Salón Teatro). Repetirá coloquio cos espectadores a cineasta belga Güldem Durman (20.00 horas, Museo das Peregrinacións).