Soltan 4.000 exemplares de salmón no Ulla

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

A repoboación realizouse con alevíns nados e criados de forma artificial no Centro Ictioxénico de Carballedo

04 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Contribuír á recuperación da especie nun río salmonero por excelencia como o Ulla. É o propósito da solta de 4.000 alevíns que onte realizou Medio Ambiente no Coto de Ximonde e na que se implicou a conselleira Ángeles Vázquez, como mostra a foto da dereita. A repoboación realizouse con alevíns nados e criados de forma artificial no Centro Ictioxénico de Carballedo.