Feijoo ve un Santiago «aletargado» e pide outra oportunidade para Agustín Hernández

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

SANTIAGO

Sandra Alonso

O candidato popular presenta a súa candidatura na Alameda para ser o alcalde «do mellor Xacobeo dá historia»

22 sep 2018 . Actualizado ás 14:17 h.

Agustín Hernández presentou as súas credenciais para volver ser candidato do PP en Santiagou. Fíxoo nun acto na Alameda xunto a simpatizantes populares, representantes de colectivos cidadáns e os primeiros espadas do partido: o presidente provincial, Diego Calvo; o secretario xeral, Miguel Tellado; e o líder galego, Alberto Núñez Feijoo, quen revelou que en toda a súa vida Compostela é a cidade na que máis tempo viviu. E por iso dixo ter coñecemento de causa ao falar dunha cidade «aletargada, con desidia e desinterese», e retou aos presentes a lembrar «tres cousas importantes» que teña feito o Concello compostelán nos últimos anos. O presidente da Xunta puxo como exemplo o contraste entre a eficacia coa que se arranxou a Catedral de Santiago fronte a unha administración local que ten problemas para tapar «as fochancas». Lembrou Feijoo que o alcalde que saia das urnas será o representante da cidade no Xabobeo 2021, e Agustín Hernández asumiu o reto e comprometeuse estar á altura de representación que merece Compostela no ano santo, «sen sectarismos» e tras denunciar a total parálise do Concello ante este evento. 

Hernández non viu necesario profundar nos problemas de Santiago porque entende que están diagnosticados desde hai tempo, e recoñeceu ter «unha débeda» tras o seu paso de once meses pola alcaldía nos que non tivo tempo para sacar adiante os seus propios proxectos, e por iso pediu unha nova oportunidade. Antes, Feijoo pedira desculpas «polos erros» cometidos polo PP -en referencia á etapa de Conde Roa e Currás- e por ter propiciado estes tres últimos anos dun goberno local que, ao seu xuízo, pensa en Santiago como algo «secundario» e cuxo alcalde (Noriega) está máis centrado nas mareas e nas súas ambicións políticas.