O Compos só encaixou dous goles en Cópaa Deputación

La Voz

SANTIAGO

BASILIO BELLO

O equipo de Yago Iglesias mantén a súa aposta pola posesión de balón

16 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O novo proxecto do Compos, o terceiro con Yago Iglesias á fronte, deixou boas sensacións en Cópaa Deputación. O equipo mantén o seu principal aceno de identidade, xa que aposta decididamente por controlar os partidos a partir da posesión de balón. E mellorou as súas prestacións defensivas. En cinco partidos, só encaixou dous goles, uno fronte ao Bergantiños e o outro ante o Racing de Ferrol.

O primeiro, anotado por Borja Facal en San Lázaro, chegou nunha xogada na que o defensor entrou na área, levou o balón aos tombos e acabou marcando. O segundo, na final, en Cerceda, naceu nun córner no que os discípulos de Yago Iglesias pediron falta sobre Saro, que se foi ao chan no primeiro pau. Foron dous tantos non achacables a desaxustes defensivos.