Inauguran as instalacións da TVG en San Marcos

La Voz

SANTIAGO

TVG

Facíao o recentemente falecido Xerardo Fernández Albor, entón presidente da Xunta, quen coincidiu co director xeral da compaña en cualificar a data como "histórica"

25 jul 2018 . Actualizado ás 09:31 h.

Cun sinxelo acto ao aire libre nas inmediacións do centro de produción e emisión de San Marcos, o entón presidente da Xunta, o recentemente falecido Xerardo Fernández Albor, inaugurou a TVG hai hoxe 33 anos. A posta en marcha da canle autonómica supuxo un investimento de aproximadamente tres mil millóns de pesetas. Nos seus discursos, o presidente da Xunta; o vicepresidente, Xosé Luís Barreiro; e o director xeral da Compaña de Radio Televisión de Galicia, Luis Losada, cualificaron a data como «histórica» e aseguraron que «estamos facendo Galicia». Unha moi ampla representación social, política e empresarial de Galicia deuse cita en San Marcos para o acto inaugural, no medio dunha calor sufocante, no que actuaron o Ballet Galego Rey de Viana e a Banda de Música da Coruña.

O simbolismo da data, fora elixido xa con anterioridade, no ano 1971, para a inauguración do Centro Territorial de RTVE en Galicia, tamén en San Marcos, a escasa distancia do que catorce anos despois promovería o Goberno galego.