Yago Iglesias : «Na primeira parte si se puido ver ao Compostela da tempada»

ÁREA 11 SALAMANCA

DEPORTES

«Á afección só podo darlle as grazas», sinala o adestrador do Compostela

17 jun 2018 . Actualizado ás 18:26 h.

Para Yago Iglesias , adestrador do Compostela, «o resultado foi xusto». O técnico indicou que a análise «é positivo polo resultado, pois sabiamos que o partido ía ser moi complicado polo rival e pola afección, que ía meter moita presión». Sobre o desenvolvemento do encontro, sinalou que «na primeira parte si se puido ver ao Compostela da tempada, pero na segunda eles apertaron máis. Non fomos capaces de ter unha posesión longa que nos dese tranquilidade. E aí é onde eles son moi bos. Houbo algún minuto que si fomos capaces de enlazar algunha xogada que nos deu aire, pero creo que o resultado final é xusto».

O técnico sinalou que «á afección só podo darlle as grazas. Todos os que viron o partido que queden coa cantilena do que fixo a afección do Salmantino, arroupando en todo momento. Oxalá sexamos 5 ou 6 miles, é o momento clave para dar un paso adiante».