A Xunta eleva a partida da loita contra o lume a 180 millóns

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

SANTIAGO

Álvaro Vaqueiro

A conselleira de Medio Rural garante que tres de cada euros van para prevención

19 abr 2018 . Actualizado ás 18:32 h.

A Xunta acelerou a presentación do plan contra o lume para o 2018 e faino cunha mensaxe clara: «Hai obrigas para todo ou mundo». E os primeiros que queren que se dean por aludidos son os donos dos montes, xa sexan particulares ou a través de comunidades. E tamén os concellos, que deben velar pola limpeza das leiras para minimizar os danos en caso de sinistros. A conselleira de Medio Rural, Anxos Vázquez, participou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta para ofrecer máis detalles dun plan que mantén os recursos humanos -entre 6.000 e 7.000 persoas dependendo do momento do ano e dependentes de diferentes administracións- pero que aumenta a 180 millóns a dotación económica. Tres de cada catro euros, asegurou Vázquez, destinaranse a prevención, e a esta partida sumaranse programas específicos relacionados coa ordenación e o emprego forestal. 

A gran novidade do Pladiga 2018 son os tempos que se dilatan para facer fronte con maior efectividade á desestacionalización dos lumes, pero tamén se acurtan para as obrigacións, xa que este ano os propietarios de leiras deberán telas limpas a 31 de maio, no canto da finais de xuño como ocorría ata agora. Pero tamén se adiantarán as axudas para traballos de silvicultura. A conselleira aproveitou a súa comparecencia pública para mostrar a súa preocupación polo feito de que 36 concellos non se acolleron a ningún dos convenios que ofrece a Xunta para loitar contra o lume e que inclúe o financiamento de recursos materiais e humanos. O obxectivo do ano será que non se queimen máis de 20.000 hectáreas de monte, unha cifra que o ano pasado superouse pola onda de incendios de outubro.