Tres feridos nun accidente en Augapesada

SANTIAGO

Marga Mosteiro

No sinistro, ocorrido onte ás 21 horas, víronse implicados dous coches

19 abr 2018 . Actualizado ás 09:50 h.

Tres feridos de diversa consideración foi o balance dun aparatoso accidente ocorrido, ás 21 horas de onte mércores, na localidade de Augapesada (Ames), na estrada que une Roxos con Portomouro. A vía estivo cortada durante os labores de rescate e ata que se retiraron os coches, que quedaron esnaquizados. Os tres feridos, que segundo fontes de Protección Civil de Ames non revestían gravidade, foron trasladados ao Hospital Clínico De Santiago en ambulancias. 

Ao lugar do sinistro trasladáronse efectivos da Garda Civil, Policía Local de Ames, GES de Brión e Proteccion Civil de Ames.