As citas serán no Principal e no Auditorio Abanca esta noite
19 abr 2018 . Actualizado ás 04:55 h.O humor dominará a oferta escénica desta noite.
«Quen tivo retivo!»
20 horas • Auditorio Abanca • Desde 18 euros • O dúo humorístico Faemino & Canso recala en Santiago cun espectáculo onde os risos e as reminiscencias dos seus anteriores traballos estarán presentes. Onte quedaban moi poucas entradas.
«O último bufón»
20.30 horas • Teatro Principal • 14 euros • O cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa nesta peza os seus corenta anos de traxectoria.
«Divinas palabras»
20.30 horas • Salón Teatro • 10 euros • A nova produción do CDG con Chévere na dirección regresa hoxe. Ademais, celebrará o primeiro dos encontros co público. Os asistentes poderán falar co equipo artístico ao rematar a función.