Diego Alonso e Raquel Suárez imponse na última proba do CorreSan

SANTIAGO

Repiten en Vite a vitoria conseguida hai un mes na Ruta dous Parques

03 dic 2017 . Actualizado ás 12:35 h.

Como sucedese fai un mes na Ruta dous Parques, o xuvenil Diego Alonso e a veterana Raquel Suárez Pedrosa repetiron vitoria na cuarta e última proba do circuíto de carreiras saudables Corresan, a que se disputou na contorna de Ponche Mantible-Vite. O gañador parou o cronómetro en 17:54. Foi o único que baixou dos dezaoito minutos. Completaron o podio masculino Amador Pena (18:08) e Cristian Muiño (18:21).

Raquel Suárez cruzou a liña de meta cun tempo de 20:53. Segunda no cadro feminino foi Mónica Álvarez (22:09) e terceira Noelia Papín (22:23).

En benxamín os gandores foron Coral Vázquez e Nuno Castro; en alevín, Lucas García e María Fernández; en infantil, Semahegn Alonso e Alejandra Formoso; e en cadete, Pablo Rey e Antía Prieto.