O PPdeG denuncia pintadas ameazantes na sede central de Santiago

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

SANTIAGO

CEDIDA

Porá a disposición da Policía as imaxes das cámaras de seguridade

02 novs 2017 . Actualizado ás 11:43 h.

O PPdeG vai pór a disposición da Policía as gravacións das cámaras de seguridade da súa sede central no barrio compostelán de San Lázaro tras detectar a presenza de pintadas «ameazadoras» a só uns metros da entrada principal. O secretario xeral dos populares sinalou que ademais alguén lanzou ovos contra o cartel indicador co logotipo do partido. Miguel Tellado lembra que estes feitos se producen días despois dos ataques padecidos pola sede do partido en Vigo ou polo lanzamento dun artefacto incendiario contra a residencia oficial do presidente da Xunta. O dirixente cre que a «inmensa maioría» dos galegos, próximos ao PP ou a outras formacións, están en contra deste tipo de actuacións, e por iso reclama unha «condena unánime». En todo caso, advertiu Tellado, «non hai táctica de intimidación capaz de silenciar a voz do PPdeG».