O diálogo arquitectónico de Táboas, Esquivias e Lamothe

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A exposición poderá visitarse ata o 29 de outubro no CGAC

23 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A exposición Lugar. Continxencias de uso constitúe o primeiro proxecto de produción que o Centro Galego de Arte Contemporánea leva a cabo reunindo a tres artistas de Latinoamérica: Sofía Táboas, Patricia Esquivias e Luciana Lamothe. Nela revísase a obra destas tres creadoras a partir dun proceso específico de produción de pezas, que foron realizadas expresamente para esta mostra e no propio lugar no que se expoñen, o que supón un diálogo coa arquitectura de Álvaro Siza.

Cada un das artistas traballa nunha dirección singular. A mexicana de orixe galega Sofía Táboas mostra o seu interese pola investigación do espazo, tanto do natural como do edificado. Pola súa banda, a venezolana Patricia Esquivias usa o vídeo no seu traballo. Para rematar, a arxentina Luciana Lamothe interésase polos elementos construtivos.