Rubiales destitúe a Julen Lopetegui como adestrador da selección española

A fichaxe do técnico polo Real Madrid foi o desencadenamento do cesamento a dous días do primeiro partido do Mundial

Rubiales destitúe a Lopetegui Así anunciou o presidente da RFEF o cesamento do seleccionador nacional

Redacción

Luis Rubiales, presidente da Federación Española, anunciou na sala de prensa do Krasnodar Stadium que Julen Lopetegui non seguirá á fronte da selección española. O anuncio prodúcese vinte horas despois de que o Real Madrid anunciase a fichaxe do tecnico para a próxima tempada. «Vímonos obrigados a prescindir do seleccionador nacional», así comunicou Rubiales a súa decisión, nada máis comezar o acto.

A comparecencia do presidente chegou despois dunha mañá chea de reunións imprevistas, ata o punto de atrasar a comparecencia ante os medios de comunicación en máis de hora e media. 

«Agradecemos a Julen todo o que fixo porque el é un dos grandes responsables de que esteamos en Rusia, pero vémonos obrigados a destituírlle. Ten que haber unha mensaxe clara para todos os traballadores da Federación Española de que hai unhas formas de actuar que hai que cumprir», explicou Rubiales en rolda de prensa en Krasnodar, onde España ten a súa concentración no Mundial.

«Todos estamos afectados. Hai que pensar sempre no mellor para a entidade, a federación e a selección. É un duro golpe, pero estaremos xuntos para remar adiante», engadiu.

«Falei cos xogadores, atendéronme moi ben e van facer todo o posible xunto co novo corpo técnico por gañar o Mundial», sinalou o presidente da federación.

O presidente da RFEF alegou a decisión por «falta de respecto» cara ao organismo que reside para xustificar a súa decisión. Decatouse da fichaxe polo Real Madrid de Lopetegui cinco minutos antes de que o club branco fixese o comunicado público, segundo comentou.

«Non me sento traizoado. Outra cousa é como se levou este asunto. Vémonos obrigados. As formas son importantes», dixo Rubiales.

Sobre o futuro seleccionador para o Mundial, a dous días do debut ante Portugal, Rubiales suxeriu que buscarán un adestrador «desde dentro».

Albert Celades, adestrador das categorías inferiores e tamén membro da expedición española, perfílase como o candidato a suceder a Lopetegui.

«Gañar é moi importante, pero hai cousas máis importantes aínda, como as formas de traballar. Por iso, a pesar de que Lopetegui é un adestrador 'top', vímonos obrigados a tomar esta decisión», dixo Rubiales nunha rolda de prensa en Krasnodar, onde España ten a súa concentración no Mundial.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
17 votos
Comentarios

Rubiales destitúe a Julen Lopetegui como adestrador da selección española