Falece un operario que traballaba na substitución da pasarela da praia de Pragueira

Alfredo López Penide
L. Penide SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

CONCELLO DE SANXENXO

O traballador tiña 51 anos e era veciño de Vilanova

26 ene 2021 . Actualizado ás 20:21 h.

Desde o Concello de Sanxenxo confirmaron este martes o falecemento pola mañá dun traballador da empresa Madeiras Doval. No momento de producirse o óbito, o traballador atopábase realizando a substitución da pasarela da praia de Pragueira.

O falecido, M. A. V. L. de 51 anos, é veciño da poboación de San Miguel de Leiro, no veciño municipio de Vilanova de Arousa. Representantes do goberno local apuntaron que «todo apunta a causas naturais, xa que o home se derrubou de forma repentina», de tal modo que, no momento no que interveu o persoal dunha ambulancia do 061, non puideron reanimalo.

Desde o Concello de Sanxenxo lamentaron este tráxico suceso, á vez que expresaron o seu máis sincero pésame á familia do operario falecido.