1942: Unha faísca arrinca o colar a unha nova e déixaa descalza

La Voz

SANXENXO

cedida

1942

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha forte tormenta azoutou Sanxenxo e Portonovo en xaneiro de 1942, causando importantes danos materiais en vivendas, árbores e espazos públicos.

Unha das secuencias máis rechamantes daquela xornada protagonizárona dúas mulleres, ambas as menores de 30 anos.

Parece que unha faísca eléctrica caeu sobre unha árbore por mor da tormenta e acadou a ambas as mulleres, unha de 27 e a outra de 30 anos de idade.

Á primeira sacoulle do pescozo unha cadea de ouro que levada e deixouna descalza, causándolle queimaduras na cara e no peito. As súas feridas foron de carácter grave. A segunda muller afectada pola faísca eléctrica sufriu só feridas leves.