Voluntariado en Sanxenxo

La Voz SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

CONCELLO DE SANXENXO

Comida de confraternidade

06 dic 2019 . Actualizado ás 10:21 h.

O concelleiro de Servizos Sociais de Sanxenxo, Daniel Arousa, e a edila de Infraestruturas, María Deza, foron os representantes municipais nunha comida de confraternidade cos integrantes do programa de voluntariado neste municipio, nunha iniciativa coa que o Concello quixo agradecer o labor e o compromiso solidario destes veciños.

Actualmente colaboran neste programa unhas 35 persoas, en actividades como o taller de memoria, o programa de acompañamento social e actividades físicas como o campus de verán que se organiza desde a concellaría de Deportes, así como en iniciativas puntuais ambientais, charlas, manualidades, talleres, a milla urbana e as ludotecas, entre outros moitos.