A titularidade do istmo, así como as lindes municipais vixentes, non se abordan no procedemento deste xoves

La Voz

SANXENXO

12 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Se un punto se repetiu ata a saciedade na declaración de peritos e testemuñas no Xulgado do Contencioso é que o procedemento deste xoves non se refire á modificación de límites municipais entre Sanxenxo e O Grove. Si é certo que desde San Martiño se explicou que había unha inexactitud, desde o seu punto de vista, na reclamación, por un linde municipal mal recolleito en plano e por iso pediron que se corrixise, pero nin Noalla nin o Concello de Sanxenxo cuestionaron que a decisión sobre a delimitación actual das fronteiras entre os dous municipios estea en dúbida, no que concierne ao asunto xulgado esta semana.

Nesta mesma liña, o letrado dos noalleses, así como o seu perito, non se cansaron de repetir unha e outra vez que só se debatía a titularidade dunha parte do monte da Lanzada, dentro soamente do termo municipal de Sanxenxo. É dicir, o debate sobre a propiedade do istmo non estaba onte en xogo. É previsible que Noalla non ceda na súa aspiración a que se restitúan os límites parroquiais da clasificación de 1989 anulada posteriormente e que si llo recoñecía como propio, pero iso non se debatía neste contencioso.

Así mesmo, a reclamación non trata de todo o monte da Lanzada en Sanxenxo, senón só do que queda fóra do dominio público marítimo terrestre e, polo tanto, Costas non se presentou na vista.

Ademais de tres peritos -un por Noalla, outro por San Vicente e un terceiro por San Martiño-, os comuneiros sanxenxinos trouxeron tres testemuñas, veciños de Noalla e que estiveron en cargos directivos da comunidade de montes. O letrado da asociación sanxenxina preguntoulles por se a parte do monte en cuestión tivo usos tradicionais e se agora alí as concesións existentes como o colexio ou o campo de fútbol o son por cesións dos comuneiros desde 1989 o que avalaría a súa posesión do terreo citado. Os avogados das entidades mecas, con todo, salientaron coas súas preguntas que os usos tradicionais xa non se realizan, puxeron en dúbida as cesións nalgúns casos como o campo de fútbol e salientaron que as expropiacións da estrada non se pagaron aos comuneiros sanxenxinos.

Na sesión declararon tres peritos e outros tantos veciños ou comuneiros

Costas non acudiu ao non presentarse como parte afectada por este recurso