Dúas novas figuras ampliarán o elenco dos cabezudos de Sanxenxo

La Voz

SANXENXO

CONCELLO DE SANXENXO

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Centro de Arte Municipal de Sanxenxo recuperou este ano as figuras de dous cabezudos que se sumarán aos catro que rehabilitaron o ano pasado. As festas patronais contarán cun elenco de seis figuras que percorrerán as rúas da vila durante as celebracións. A tradición abandonouse en 1990 e recuperouse no 2018.