A Multisectorial de Portonovo terá entre 70 e 80 casetas

La Voz SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

MARCOS GAGO

A feira celebrarase do 29 de xuño ao 15 de setembro

16 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A empresa municipal Turismo de Sanxenxo licitou a Feira Multisectorial de Portonovo, que se celebrará 29 de xuño ao 15 de setembro, coa previsión de instalación dun mínimo de 70 e un máximo de 80 casetas. A superficie de ocupación será aproximadamente de 900 metros cadrados. Terán que ser modulares e desmontables, cunha estrutura «a base de perfilería de aluminio anodizado, con cerramentos laterais e traseiros». O ctiveron á que ser antiescorregadizo e dispor dun sistema de peche frontal mediante unha persiana de seguridade motorizada. A cota de comerciantes e artesáns descríbense no prego de prescricións técnicas.