Rescatan a dúas nenas que quedaron atrapadas nunhas rocas en Sanxenxo

SANXENXO

EMERXENCIAS DE NOALLA / MARCOS GAGO / IAGO GARCÍA

As menores foron trasladadas ilesas a unha embarcación que as levou a Portonovo

20 abr 2019 . Actualizado ás 20:03 h.

Dúas nenas foron rescatadas esta tarde na praia de Pragueira, en Sanxenxo, despois de quedar illadas polo mar nunhas rocas. O 112 informou de que se recibiu o aviso sobre as catro da tarde de que había dous menores que non podían volver á praia porque estaban illadas polo mar nunha zona de rocas en Pragueira en dirección a Bascuas.

Segundo informa o Concello, as novas, procedentes de Madrid e de 14 anos estaban a xogar na zona cando se viron sorprendidas pola subida da marea, queando incomunicadas. 

Ata o lugar mobilizouse ao Servizo de Emerxencias de Sanxenxo que desprazou tamén un bote pneumático para a operación. No rescate participou tamén unha embarcación deportiva que estaba preto desta zona, ademais de axentes de Policía Local e Garda Civil. Segundo explicou o 112 os rescatadores puideron sacar ás dúas nenas sas e salvas das rocas a unha das embarcacións para pór posteriormente rumbo ao porto de Portonovo ás cinco e media desta tarde.