O Concello reformará o local social de Gondar e pon fin a 15 anos de espera dos veciños

La Voz SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

CONCELLO DE SANXENXO

09 feb 2019 . Actualizado ás 19:49 h.

O Concello de Sanxenxo financiará, con cargo ao orzamento deste ano, a construción dun local social en Gondar, cun custo valorado en 180.000 euros. Esta é unha antiga demanda dos veciños que levan quince anos agardando a que se dote a este lugar dun espazo adecuado onde reunirse e celebrar actividades.

O proxecto de local social de Gondar prevé a construción dun edificio de 183 metros cadrados, nas parcelas que hai pouco adquiriu a comisión de festas de Gondar e que se atopan en trámites de cesión ao Concello.

O local distribúese nun hall de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e unha almacén. Así mesmo, está previsto urbanizar o exterior cunha aparcadoiro e unha zona verde.

O goberno sanxenxino reunirase coa comisión de festas de Gondar, para que os veciños o coñezan en detalle. A continuación, o Concello sacará a licitación as obras para que se poida acometer o edificio.