Benvida ao novo director da banda de música de Sanxenxo

La Voz SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

CONCELLO DE SANXENXO

09 feb 2019 . Actualizado ás 19:49 h.

José Varela Pardo é o novo director da sociedade musical de Sanxenxo, entidade que xestiona a banda de música da localidade, tras superar o proceso de selección para este posto. O novo responsable estreouse dirixindo o concerto solidario de Reis.

Este director é natural de Merza e deu clase nas escolas de Teo, Tenorio, Valga , Barro, Merza, Vila de Cruces, Sanxenxo, a Escola Coda e Cuntis. Actualmente é membro da banda de música de Pontevedra e director da escola municipal de Cuntis e da banda de música de Castrelo.