A policía de Caldas segue a pista a unha berlina vermella por un atropelo con fuga

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral CALDAS / LA VOZ

PORTAS

En la imagen, la travesía de Doña Urraca, en Caldas, muy cerca de donde tuvo lugar el atropello con fuga
Na imaxe, a travesía de Dona Urraca, en Caldas, moi preto de onde tivo lugar o atropelo con fuga CONCELLO

O accidente produciuse o pasado venres pola noite na avenida de Dona Urraca. Houbo dous feridos

22 may 2023 . Actualizado ás 19:59 h.

O visionado das cámaras de seguridade permitiu á Policía Local de Caldas de Reis concretar a cor e o tipo de vehículo que, o pasado venres pola noite, deuse á fuga tras atropelar a dúas persoas nun paso de peóns da avenida de Dona Urraca. Fuentes policiais confirman que se trata dunha berlina de cor vermella, e non granate como se pensou nun principio pola declaración dunha testemuña. Segundo transcendeu este luns, no visionado das cámaras só se ve o vehículo de forma lateral, polo que resulta difícil concretar a marca e o modelo exacto.

A investigación que está en marcha, coa colaboración doutras policías locais e da Garda Civil, tamén se centra en saber se que o condutor que atropelou ás dúas persoas de 28 anos, un home e unha muller, puido levar o vehículo a algún taller para a súa reparación. Pénsase que o coche ten que ter un golpe no capó.

O accidente tivo lugar ás 23.30 horas no número 38 da avenida de Dona Urraca, o viario que comunica o municipio de Caldas co de Portas . Os dous peóns foron trasladados en ambulancia ao Hospital Montecelo de Pontevedra, onde el quedou ingresado por unha fractura na clavícula. O condutor, que circulaba de Portas a Caldas, fixo o ademán de parar tras o impacto, pero despois seguiu a marcha.