A asociación Asseii, premiada polos farmacéuticos de Pontevedra

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

Ángela Paz, presidenta de Asseii, fue la encargada de recoger el premio de los farmacéuticos de Pontevedra
Ángela Paz, presidenta de Asseii, foi a encargada de recoller o premio dos farmacéuticos de Pontevedra COLEXIO DE FARMACÉUTICOS

O Colexio recoñece co galardón o labor que realiza o colectivo para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais e ostomizados

25 may 2023 . Actualizado ás 13:17 h.

Un premio que recoñece o labor que realiza a asociación para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades inflamatorias intestinais e ostomizados. É o que acaba de recibir a asociación Asseii de mans do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra. Trátase dunha segunda edición duns premios que se enmarcan no Proxecto Pacientes. Unha iniciativa social que integra catro acciones que o Colexio e os farmacéuticos de Pontevedra levan a cabo coas asociacións de pacientes: recoñecemento, visibilidade, formación e educación sanitaria. O premio a Asseii entregouse nun encontro celebrado na Toxa, no municipio do Grove.

Por que Asseii? Desde o Colexio explican as razóns. «É unha asociación que non está profesionalizada, senón que o seu labor depende do traballo desinteresado de persoas afectadas pola enfermidade, cuxa filosofía é devolver á sanidade pública e a a sociedade o que lles deron, e que lles permite que hoxe poidan gozar das súas familias e levar unha vida digna. A súa procura de solucións para cada necesidade que detectan e a súa loita pola igualdade de oportunidades para as persoas afectadas por estas enfermidades failles merecedores dos II Premios Farmacéuticos a Asociacións de Pacientes do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra», expón a entidade. Ángela Paz, presidenta de Asseii, foi a encargada de recoller o galardón de mans da presidenta do Colexio, Alba Soutelo. Agradeceu o recoñecemento e o que supón a súa concesión ao labor diario que realizan. Ángela cedeu a palabra a Laureano Outeda Pinzos, membro de asociación, que transmitiu «as extremas dificultades que, como persoa, atopa no seu día a día».

No transcurso do encontro farmacéutico fíxose entrega de diplomas aos novos farmacéuticos colexiados no ano 2022, que exercen no ámbito sanitario e «cuxo maior compromiso é mellorar a saúde e a calidade de vida dos cidadáns».