O Teucro anuncia a fichaxe de Martín Davila

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

TEUCRO

Ten 22 anos, xoga de extremo e procede do Balonmán Cañiza

29 jul 2021 . Actualizado ás 18:12 h.

O Teucro anunciou este xoves o que é a súa cuarta fichaxe de cara á nova tempada. trátase de Martín Davila Porto, un extremo dereito de 22 anos,1,75 metros de altura e que procede do Balonmán Cañiza, onde xogou a pasada campaña 30 partidos en Primeira Nacional logrando 139 goles.

Desde o Teucro destácase que Martín Davila disputou dous campionatos de España coa Selección Galega, un deles sendo cadete e o outro sendo xuvenil. E que chega ao club pontevedrés para ofrecer ao persoal «velocidade, axilidade e unha alta eficacia goleadora».

Nas súas primeiras declaracións como xogador do Teucro, afirmou estar «moi contento de fichar neste equipo, xa que é un histórico que sigo desde pequeniño. Agardo sacar o mellor do meu e creo que imos competir todos os partidos con garra e ilusión».