Belas Artes celebra o seu 30 aniversario cunha exposición intergeneracional

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

cedida

Participan un total de dez docentes establecendo un diálogo entre o profesorado máis novo e os máis veteranos

19 abr 2021 . Actualizado ás 05:25 h.

A Fundación RAC abre a exposición Campo de sementes, organizada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra no contexto do seu 30 aniversario.

Na exposición participan un total de dez docentes, establecendo un diálogo entre o profesorado máis novo e os máis veteranos.

Comisariado polo decano, Xose Manuel Buxán Bran e a exalumna e comisaria Sara Donoso, Campo de sementes ofrece unha pequena selección do traballo de cada artista, mostrando en cada caso tanto a diversidade como a riqueza formal e conceptual das propostas.

Os artistas participantes son Xoan Anleo, Covadonga Barreiro, Natividade Bermejo, Marcos Covelo, Basilisa Fiestras, Elena Lapeña, Juan Carlos Meana, Marina Núñez, Juan Carlos Román e Javier Tudela.

Pódese ver de mércores a venres, de 16.30 a 20.30 horas, ata o 14 de maio de 2021. A Lugar: Fundación RAC está na rúa Sarmiento, 41, de Pontevedra.