Sanxenxo aumenta en dez o número de positivos e Pontevedra en media ducia

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

30 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os catro grandes concellos da comarca de Pontevedra incrementaron o número de positivos ao longo da xornada deste domingo, segundo os datos achegados polo Sergas aos distintos gobernos locais. O caso máis rechamante é o de Sanxenxo que nas últimas vinte e catro horas aumentou nunha decena a cifra de afectados situándose, en números globais, ao fío do centenar de infectados con 94.

Pola súa banda, a cidade do Lérez sumou media ducia de contagios máis situándose nos 319 positivos, mentres que en Marín son oitenta -tres máis que o sábado-. Tamén, Poio experimento un aumento dos casos activos, aínda que máis lixeiro que o resto destes concellos, de tal modo que as autoridades sanitarias contabilizaron 57, un máis.

Arousa e O Deza

Na veciña comarca de Arousa son 81 os positivos rexistrados no municipio de Vilagarcía, mentres que en Cambados son 72, igual que en Ribadumia, e no Grove case medio centenar, concretamente, 46. De igual modo, Meis mantén vinte e nove casos activos polos vinte e tres que ten Meaño, e no caso da Illa son sete.

Na comarca do Deza, aínda que se detectou un novo caso na Estrada, o número de positivos continúa en descenso pasando dos quince do sábado aos doce de onte. Deses, oito correspóndense a contaxiados no brote de Vexa.