Sobe a incidencia na residencia de maiores de Vilaboa, que xa ten 56 positivos

Serxio Barral Álvarez
sERXIO bARRAL PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

29 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

No balance relativo a incidencia en centros educativos e de maiores, Pontevedra rexistrou onte dúas notas negativas. Por unha banda, a residencia de Vilaboa , onde se eleva a 56 o número de positivos ao detectarse 16 novos casos (13 usuarios e 3 traballadores). En total, hai 42 usuarios e 14 empregados infectados neste centro. Tamén hai 5 positivos en Soremay, en Pontevedra (dous residentes e tres traballadores), e segue habendo casos en residencias de Ribadumia (38), Cambados (2) e Vilagarcía (2).

O outro dato negativo rexístrase na escola infantil da Parda, onde a existencia de tres casos positivos obriga xa a pechar dúas aulas. Tamén teñen aulas pechadas (unha en cada caso) as escolas infantís Bamby, de Pontevedra; a de Poio , e a de Vilaboa. E mantéñense dúas aulas pechadas no CEIP Daría González García (antigo Príncipe Felipe ), e unha no CEIP Sorrisos e Bágoas, da Illa de Arousa.